A Tarde
Jacobo Varela presenta o seu primeiro sinxelo baixo o nome artístico de 'Ronroneo'
O músico santiagués Jacobo Varela presenta o seu novo proxecto musical, 'Ronroneo'. A finais do verán conta con publicar o seu primeiro traballo discográfico. A súa carta de presentación é o tema 'Inmensamente frágil' que serve de primeiro sinxelo.
"Tendemos a ocultar as nosas partes máis escuras e sentimentos máis melancólicos"
Jacobo formou parte de grupos nacidos en Compostela como Galope Mestizo ou Hellorice. Logo dun tempo de parada na música de portas para fóra, impulsa 'Ronroneo' da man de Raso Estudio.
"Para min o máis importante da música é atopar paz nela. Pero tamén apareceu a necesidade de demostralo"
Neste traballo colaboran con el Manu Blanco e Xoán Domínguez, de Blanco Palamera. "O proxecto sen eles non sería nada. Son parte das persoas coas que creo que é necesario compartir as cousas", salienta.