CRTVG

Buscar

A Tarde

Julia Navarro explora a mente dos terroristas en 'De ninguna parte': "Escribo para entender a condición humana"

01/12/2021 - 16:21 h

A escritora Julia Navarro visitounos para presentar a súa oitava novela, ‘De ninguna parte’, unha exploración da conciencia humana a través dun relato de plena actualidade. “Escribo para entender a condición humana”, asegurou a autora, que aquí intenta explicar — “non xustificar”—  os motivos polos que alguén se entrega ao terrorismo islamista. Falamos con Julia Navarro sobre esta nova obra, sobre a conmoción no mundo literario pola morte de Almudena Grandes ou sobre o seu amor polo Camiño de Santiago.

“Sigo o xuízo polo atentado na Sala Bataclan e paréceme que os meus personaxes escaparon da realidade”

“No confinamento estancóuseme a creatividade. Necesito tocar a vida para poder contala”

“Penso repetir o Camiño de Santiago todos os anos que poida, pero os novos bancos da catedral son como as cadeiras da miña cociña”

 

 

Revista de información e entretemento