CRTVG

Buscar

A Tarde

A exposición 'Camiño ComPostal' percorrerá os doce concellos galegos do Camiño Francés

09/10/2019 - 16:30 h

Esta semana foi inaugurada a exposición Camiño ComPostal na Palloza de Quico no Cebreiro. Trátase dunha representación do Camiño de Santiago en 110 postais históricas de principios do século XX. O Comisario é José Manuel Salgado e da súa organización encárgase a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA).

No programa A tarde conversamos co seu vicepresidente, Luis Celeiro.

"A exposición é un anaco da historia do Camiño de Santiago e da comunicación", sinala. 

Revista de información e entretemento