CRTVG

Buscar

A Tarde

Miriam Rodríguez dirixe a súa sorte: todo esgotado para o concerto na Coruña

09/08/2021 - 16:15 h

A cantante Miriam Rodríguez, natural de Pontedeume e exconcursante de Operación Triunfo 2017, actúa este mércores 11 na Coruña, tras esgotar as entradas en pouquísimo tempo.

O concerto estaba previsto inicialmente para o día 3 de agosto, pero tivo que ser adiado ao resultar contaxiada de coronavirus.

Miriam Rodríguez presenta así 'La dirección de tu suerte', un álbum publicado no 2020 e sobre o cal nos desvela algún dato durante a entrevista.

Revista de información e entretemento