CRTVG

Buscar

A Tarde

O CESGA instalará un novo supercomputador, o segundo máis potente de España

09/07/2021 - 17:15 h

O CESGA instalará un novo supercomputador que situará Galicia como referente no mundo da computación cuántica. O Finisterrae III, no cal se investiron sete millóns de euros, multiplica por doce a capacidade de cálculo do seu antecesor.

Este equipo é o primeiro ordenador de computación cuántica de España que incorpora 30 qbits e permite resolver 4.000 billóns de operacións matemáticas por segundo. Agora sitúase en fase de probas, e esperan que estea operativo a finais do verán. 

Falamos con Ignacio López, subdirector técnico do CESGA, para coñecer máis a fondo este novo aparello.

 

 

 

Revista de información e entretemento