CRTVG

Buscar

A Tarde

Angie Carnota: "No último ano incrementamos nun 30% a nosa facturación"

09/06/2021 - 18:43 h

A empresa de comida a domicilio QComo é un bo exemplo do auxe deste servizo nos últimos tempos. Naceron en Bertamiráns hai uns quince anos. "Daquela eramos os tolos", afirma Angie Carnota, a súa responsable. 

"A nosa clientela o que máis pide é calidade"

A chegada da pandemia puxo en alza este tipo de negocios. "Tiñamos o servizo típico de que che apetece pedir algo un día entre semana. Dende que a xente comezou a teletraballar, solicitou o servizo de menú diario na casa", salienta Angie. 

"Neste ano pegamos o estirón"

A súa diferenciación é a comida caseira que ofrecen. Segundo apunta Angie está feita con produtos de proximidade. Teñen diferentes prezos para os que lles piden comida diariamente. 

O bo momento que vive o negocio, permitiralles abrir un obradoiro na zona de Santiago. Contan con que estea dispoñible a partir de setembro.


 

 

Revista de información e entretemento