CRTVG

Buscar

A Tarde

Gabri Dakidarría confirma que Iñaki medrou a golpes de 'rock and roll'

09/04/2021 - 16:20 h

A banda Dakidarría ten no conxelador un novo traballo discográfico. Agardan a que a situación mellore para publicalo e darlle continuidade no directo. 

O ano pandémico puxo en dúbida a continuidade do grupo do Val Miñor. Conversamos co vocalista e guitarrista, Gabri Reigosa

"Houbo momentos en que parecía que todo podía romper"

Os Dakidarría son os autores dun dos temas máis coñecidos do rock en galego. Na súa canción 'Terra' inclúen a frase "ir vendo crecer a Iñaki a golpes de rock and roll".

O Iñaki ten nome e apelidos. Cando o grupo compuxo a letra era un neno, pero agora xa é un rapaz dedicado en gran parte a música. É un dos integrantes dos TNT Band

"É unha ledicia que haxa xente nova facendo rock and roll: son un oasis no medio deste deserto"

 

 

Revista de información e entretemento