CRTVG

Buscar

A Tarde

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil foi elixido como o mellor lugar de toda España para casar

08/11/2018 - 17:18 h

No interior de Galicia, situado no corazón da Ribeira Sacra, escóndese un mosteiro con máis de catorce séculos de antigüidade. Declarado Monumento Histórico Artístico en 1923 e convertido en parador hai once anos, o establecemento recibe agora un recoñecemento de moita importancia.

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acaba de recibir o premio Ziwa 2018 na categoría de lugares para vodas.

Revista de información e entretemento
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí