CRTVG

Buscar

A Tarde

Pakolas aposta pola cultura segura e polos ritmos roqueiros coa fascinante ‘Ramona Órbita’

08/09/2021 - 16:18 h

Paco Cerdeira, máis coñecido como Pakolas, segue levando o seu rock polos recunchos de Galicia e deleitando os oídos de público infantil e familiar coa súa ‘Ramona Órbita’, unha labrega do Courel que ten un invento xenial para apañar patacas. Recibímolo no estudo para saber como é iso de facer música para a cativada. Son máis esixentes?, que lles gusta escoitar? Mesmo nos deixa algún adianto sobre o seu vindeiro traballo e animámonos a facer unha viaxe musical polas cancións que nos lembran a infancia.


 

 

Revista de información e entretemento