CRTVG

Buscar

A Tarde

O libro de sopas de letras en galego - inglés que arrasa en Amazon

08/05/2023 - 18:43 h

Manuel Fernández é un galego que reside en Inglaterra desde hai algo máis de 17 anos. A súa estancia neste país e a súa afección pola escritura levouno a deseñar un libro de pasatempos bilingüe. Isto é, 102 sopas de letras con termos en galego e en inglés. O obxectivo non é outro que "a xente practique o idioma" á par que "mantén a mente activa". Esta obra foi publicada en decembro e tivo unha moi boa acollida. Chegou a estar de número dous na categoría de libros en galego de Amazon. 


Revista de información e entretemento