CRTVG

Buscar

A Tarde

Rafael Quintía: "É preferible ter cen visitantes que invistan ca cen mil que se emborrachen"

07/06/2021 - 16:34 h

O Consello da Cultura Galega e a Fundación Vicente Risco analizaron en Allariz o potencial turístico da cultura. Un dos participantes na xornada foi o antropólogo Rafael Quintía Pereira. Conversamos con el sobre a realidade galega. 

"Terán que reformularse as ideas que temos sobre o turismo"

Quintía pon o foco no turismo sustentable. Recoñece que a cultura pode ser un factor interesante para este tipo de visitas. "Cando o turismo supón a masificación dun espazo pode ter repercusións moi negativas coa cultura", comenta. 

Ante os danos, recoñece que hai que ter en conta as repercusións económicas, sociais e medioambientais actuais e futuras. "A cultura é un foco de atracción de turismo pero ten que haber un equilibrio", salienta. 

"Ser consciente do potencial, valorizalo e dalo a coñecer"

O antropólogo apunta que o primeiro de todo é valorizar o que ten Galicia. "Hai que ter un plan ben estruturado. Se queres potenciar determinado patrimonio, os bens teñen que estar postos en valor".

"Non se pode pensar que o futuro do desenvolvemento económico do rural galego teña que ser exclusivamente o turismo"

"Non necesariamente moito ten porque ser bo. E máis, falando de turismo sustentable adoita ser algo malo", destaca. Rafael Quintía admite que se pode competir a través de economías de escala ou de calidade. 

Revista de información e entretemento