A Tarde
Corenta anos cos grelos a carón da estrada
É unha imaxe característica do inverno galego. A carón da estrada que vai dende Santiago ata A Coruña, entre Oroso e Ordes, hai mulleres que levan case corenta anos cos seus pequenos postos de venda de grelos.
Conversamos con Elvira. "Véndese moito menos ca antes. Agora a xente nova quere costeletas, bistés e desas cousas que hai feitas. E non come verdura", sinala.
Tamén falamos con María. "É algo que tes que andar no peor tempo. Chovendo, con xeadas ou con neve", destaca.