CRTVG

Buscar

A Tarde

'Galegas en Cuba', a historia dunha vida migratoria

06/11/2019 - 16:22 h

"A vida cotiá non é noticia para historia", así comeza a conversa que mantivemos con Julio César González Pagés. O historiador cubano é o autor do libro Galegas en Cubaeditado en Galicia por Fervenza. Unha publicación sobre a sociedade formada en La Habana por Hijas de Galicia.

"A cultura galega en Cuba está na vida, na comida, nas tradicións. Pero é invisible senón traspasas o velo", apunta. Unha historia que fala, entre outros temas, da trata de mulleres galegas. 

Julio César estivo acompañado de Roi Casal. O artista galego é o impulsor do proxecto 'Son galego son cubano', que partiu da súa relación con Xosé Neira Vilas. "Os galegos en Cuba temos algo moi especial", destaca. 

Revista de información e entretemento