A Tarde
‘A viaxe’ sonora da emigración nas mans do gran pianista Juan Carlos Cambas
O pianista Juan Carlos Cambas, presentará este 9 de outubro en Vilagarcía o seu disco ‘A viaxe’. Trátase dun álbum conceptual sobre a emigración baseado na viaxe de ida e volta que os pais do autor realizaron dende Galicia á Arxentina. Na actuación deste sábado estarán como convidados João Afonso (Portugal), Rosa Leiro e Carlos Blanco (Galicia) e Julia Zenko (Arxentina). A esta última artista tamén a recibimos no programa.