A Tarde
Canción de solidariedade coas enfermidades raras
O grupo ourensán Guezos ten aberta unha campaña de doazón para Pequeños Superhéroes; unha asociación de nenos e nenas con enfermidades raras. 'Luces do norte' é o tema que lle dá xeito a iniciativa. Por cada reprodución da canción nalgunha das plataformas dixitais nas que está subido, o grupo doará dez céntimos do seu peto. Conversamos con Anxo Fernández sobre o proxecto e facemos un repaso por unha banda que xa leva máis de vinte anos de percorrido.