A Tarde
Fran Amil: "Pretendemos sacar a parte máis lúdica da poesía"
O músico, compositor e produtor coruñés, Fran Amil fixo un adianto do disco Popsía Vol. 1. Recolle unha escolma de poemas da lírica galega dende o medievo ata a actualidade en clave pop rock. Amil estivo presente na época do rock bravú galego. Formou parte de Os Papaqueixos, Ruxe Ruxe ou os Diplomáticos de Monte Alto.
"Pretendemos sacar a parte máis lúdica da poesía. Facer un traballo en clave moderna que posibilite chegar ás familias e a rapazada. Que sirva de estímulo", apuntou Fran Amil, quen salientou que haberá máis dun disco: "Un álbum non podía abranguer todo. Imos comezar polo medievo e ir avanzando".