CRTVG

Buscar

A Tarde

Iago Gordillo: "Nun videoxogo xúntanse moitas artes"

03/03/2021 - 16:20 h

Pouco a pouco, o galego está abrindo camiño na Rede. Tamén no mundo dos videoxogos e na creación de contido en liña. Iago Gordillo creou Recuncho Gamer no primeiro confinamento.

"Os videoxogos reúnen música, arquitectura, parte pictórica,..."

De inicio foi unha canle en español, pero máis adiante Iago afirma que tomou consciencia de facelo en galego. Conversamos con el sobre os asuntos que trata neste espazo. Recoñece que a análise da música dos videoxogos é un dos seus temas preferidos. 

"Os videoxogos axudaron a manter moita xente en contacto"

Aproveitamos para falar con Iago Gordillo sobre os prexuízos dos videoxogos. E tamén a creación de contido que existe nestes momentos en galego. Ademais doutras facetas como a música. 

"Artístico non sei se son, pero inquieto si"

Revista de información e entretemento