A Tarde
Fon Román rescata vellas ideas en 'La ola emocional' mentres perfila o novo disco
O cantante galego Fon Román vén de estrear ‘La ola emocional’, unha canción que no seu momento quedou fóra dun álbum por non encaixar co resto de temas. Agora o ex integrante de Los Piratas recupera estas vellas ideas —a das emocións, a de que “non hai un mar en calma, sempre hai ondas que nos moven— mentres vai preparando o novo disco, que chegará no mes de marzo.