A Tarde
A pedra máxica de Penatallada, en Laza
Na ruta pola Galicia Máxica con Carlos Gabriel Fernández coñecemos a pedra máxica que cura a dor de cabeza. Atópase en Penatallada no concello de Laza.
"Ten unha especie de forno onde se atopa unha imaxe da Virxe. Ten unha gran devoción na contorna. O domingo máis próximo o 31 de maio ten a súa romaría e asiste xente con problemas de dores de cabeza", apunta Carlos.
Ademais, aproveitando a data, conversamos sobre a única igrexa dedicada aos Reis Magos en España. Os Santos Reis de Bueu.