CRTVG

Buscar

A Tarde

Carlos Rivera deixa a porta aberta para dar un concerto na Coruña co seu novo disco 'Leyendas'

01/06/2021 - 19:06 h

O artista mexicano Carlos Rivera presenta o disco Leyendas. Trátase dun traballo con novas versións sobre catorce temas destacados da música iberoamericana. Son interpretados a dúo por Carlos Rivera e a voz dos seus intérpretes orixinais

Armando Manzanero, Camilo Sesto, José José, Juan Gabriel, Luis Eduardo Aute, Mercedes Sosa ou Rocío Dúrcal (falecidos). E tamén Franco de Vita, Gloria Estefan, José Luis Rodríguez el Puma, Omara Portuondo, Raphael, José Luis Perales e Roberto Carlos. Son os homenaxeados no disco. 

O artista mexicano é un dos cantantes con máis repercusión actual no pop latino e na balada romántica. Estivo en Galicia hai cinco anos actuando no Auditorio Mar de Vigo. Na súa xira actual non ten ningunha data pechada en Galicia. Non obstante, o cantante recoñece que existe a posibilidade de que actúe na Coruña

 

Revista de información e entretemento