A Crónica 20h
Manuela del Palacio, do Colexio de Psicólogos de Galicia: "Os nenos con necesidades especiais deberían saír da casa"
A presidenta da sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, Manuela del Palacio, afirmou que sería bo que os nenos con necesidades especiais puidesen saír da casa durante o confinamento. Sinalou que sería beneficioso para eles ir a lugares abertos, mantendo sempre a distancia de seguridade.
Del Palacio considera lóxico que a xente se pregunte por que poden sacar os cans a pasear pero os nenos teñen que quedar na casa.