CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Dispárase o teletraballo pola COVID-19

22/04/2020 - 15:04 h

Un dos efectos que está a ter o confinamento nos fogares por mor do coronavirus é o aumento significativo do uso de Internet e, no eido laboral, a xeneralización do teletraballo. Moitas empresas vense obrigadas a implantalo por vez primeira, outras xa convivían con el, pero nestas primeiras semanas son moitas as dúbidas sobre a preparación de empresas e de traballadores para o traballo remoto.

Buscamos as claves para adaptarse a esta nova realidade laboral, con recomendacións de expertos sobre as condicións técnicas e as ferramentas para poder desenvolvelo e tamén escoitamos os consellos de autónomos que xa hai tempo que teñen a súa oficina no propio fogar.

É unha reportaxe de Fernando Becerra e Manuel Balsa.