A Crónica 20h
José Pérez: "O xuíz Marchena adoptou este criterio dando unha mostra de dignidade e independencia"
José Pérez, da Asociación de xuíces Francisco de Vitoria, amosase convencido de que influíron na decisión de Manuel Marchena de renunciar a presidir o Consello Xeral do Poder Xudicial. Lembrou que, tras facerse público o nome pactado polo Goberno e polo PSOE, anunciaron que acudirían aos tribunais se o nomeamento ía adiante "porque o Parlamento non pode vulnerar a lei, que indica que o presidente do máximo órgano de goberno dos xuíces ten que ser elixido polos seus vogais".
Pérez quere deixar claro que non se trataba da figura de Marchena, senón do sistema de elección, e aplaude a "coherencia" que amosou o maxistrado desmarcándose do acordado por socialistas e populares.