CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Envíos a domicilio

20/04/2020 - 15:08 h

O comercio na rede e a repartición a domicilio están a se incrementar tras a alerta sanitaria polo coronavirus. Os últimos datos indican que as vendas a través de Internet incrementáronse nun 74 por cento e as cifras van en aumento.

Para autónomos e pequenas empresas, o comercio on line e a repartición a domicilio son un salvavidas en tempos de coronavirus. Labregos que se reinventaron tras se pechar as feiras e mercados tradicionais, peixerías galegas que envían a toda España, hostaleiros que resisten coa repartición a domicilio e tendas de moda que pararon os envíos para non poñer en risco ós repartidores... con eles falamos para ver como se reiventa un en tempos de pandemia.

Unha reportaxe de Rosana Rey e Xurxo Fernández (parte técnica).