CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Pilar Farjas: "Se os datos melloran, o comité clínico analizará a posibilidade de reducir as restricións"

31/05/2021 - 20:16 h

O comité clínico avaliará mañá a situación da covid nos concellos galegos e baralla xa un horizonte para ir levantando máis restricións. Os expertos confían en que se a incidencia baixa a 50 casos xa se poderían eleminar as restricións da mobilidade nocturna e a prohibición de reunións entre non conviventes de madrugada. Así o asegura Pilar Farjas, membro do comité clínico, nunha entrevista en 'A crónica' da Radio Galega.