CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

A creación dun 'bot' en Nova Zelandia que manda mensaxes positivas

30/09/2020 - 21:22 h

Na sección de divulgación con Laura Castro falamos dun bot creado en Nova Zelandia. Trátase dun programa informático que efectúa automaticamente tarefas repetitivas a través de Internet, e que, neste caso manda unha mensaxe positiva cada vez que detecta comentarios misóxinos dirixidos a mulleres políticas na campaña das súas eleccións xerais, que van ser o 17 de outubro.

Tamén falamos doutros asuntos: a aplicación chinesa Tik Tok acada xa 800 millóns de usuarios e Donald Trump quere prohibila nos Estados Unidos.