CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Eloy Sardiña, de CCOO de Endesa: "Hoxe empezan os traslados, tanto do cadro de persoal propio como de auxiliares"

30/06/2021 - 20:15 h

Centos de persoas mobilizáronse onte nas Pontes para pedir unha solución para o emprego na comarca, na véspera do inicio do proceso de peche da central térmica. O secretario xeral de CCOO en Endesa en Galicia, Eloy Sardiña, advertiu que hoxe empezan os traslados forzosos de traballadores, e dixo que haberá máis nos próximos meses.