CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Federico Martinón, asesor de vacinas da OMS: "A máscara convivirá con nós un tempo. Mentres non esteamos todos vacinados hai risco"

30/03/2021 - 20:17 h

O pediatra Federico Martinón, asesor de vacinas da OMS, advirte de que non estaremos seguros ata que estea vacinada unha ampla porcentaxe da poboación mundial. Explicou que mentres o virus continúe circulando poderán aparecer novas variantes.

Martinón destacou que durante algún tempo teremos que seguir usando máscara e manter as medidas de seguridade, mentres avanza o proceso de vacinación.