CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

O sector turístico confía no dobre ano Xacobeo para consolidar a recuperación

28/05/2021 - 20:16 h

Nunha entrevista en 'A crónica' analizamos a situación do turismo en Galicia con Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra; e Santiago Toba, presidente da Asociación de Turismo da Costa da Morte.

Foron moitos os galegos que, coa pandemia, cambiaron destinos máis afastados por facer turismo máis preto da casa. Dende o sector turístico celebran o incremento dos visitantes galegos. Alexandra Seara e Santiago Toba coinciden en que "mudaron os plans, antes sempre deixabamos o que tiñamos máis preto para o último". Así, son moitos os galegos que están descubrindo novos recunchos sen saír da súa terra.

Coa mellora da pandemia e o alivio das restricións, o sector turístico xa ve sinais de recuperación. "Os datos de reservas amosan que estamos xa en niveis de recuperación", aseguraba Santiago Toba nas ondas da Radio Galega.

O sector turístico confía no dobre ano Xacobeo para consolidar a recupación. "A marca Xacobeo vai máis alá do Camiño, é esencial para o sector", indica Alexandra Seara.