CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

O algoritmo de Twitter

26/05/2021 - 21:12 h

Na sección de divulgación con Laura Castro descubrimos as últimas novidades no mundo dixital. Falamos en primeiro lugar dun informe que presentou Twitter sobre os problemas que tiña o seu algoritmo de recorte de imaxes. Isto causou moita polémica cando os usuarios detectaron que, por exemplo, en imaxes cunha persoa branca e outra negra, deixaba fóra a persoa negra.

O informe explica os experimentos que fixeron para comprobar o que pasaba, cunha conclusión: que van retirar o algoritmo e deixar que as persoas elixan como se recortan as previsualizacións.