CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

O director xeral de Defensa do Monte: "A creación dunha unidade especial supón un antes e un despois á hora de identificar os autores dos incendios"

26/05/2021 - 20:25 h

A piques de comezar a temporada estival, preocúpanos o risco dos incendios forestais que cada verán asolagan a nosa terra. Co obxectivo de loitar contra os incendios, o Goberno galego aproba o plan Pladiga 2021. A novidade deste ano é que, por vez primeira, créase unha unidade especial, formada por 15 axentes, que se encargarán de investigar os incendios. Un dos problemas actuais é acreditar quen é o responsable. Esta unidade de expertos buscará probas para identificar os autores dos incendios e, desta forma, atallar unha das principais eivas que hai nestes momentos.

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, asegura que "a creación dunha unidade especial supón un antes e un despois á hora de identificar os autores dos incendios"