CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

A doutora Victoria de Rojas: "Co teletraballo e o confinamento aumentou a fatiga ocular"

26/05/2021 - 20:15 h

En 'A crónica' falamos da vista dos nosos ollos e das cataratas, a opacidade total ou parcial do cristalino do ollo que provoca que as persoas que as teñen vexan como se o fixesen a través dunha fiestra empanada.

Precisamente o equipo de Oftalmoloxía do CHUAC, dirixido pola doutora Victoria de Rojas, gañou o premio o mellor vídeo de cirurxía de catarata no Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Ocular Implanto-Refractiva. Ademais da xefa do servizo de Oftalmoloxía do CHUAC son coautores do vídeo os doutores Marcelino Álvarez, Patricia Simón, Lorea Zurutuza e Isabel Escofet.

Nas imaxes apréciase unha cirurxía de catarata subluxada de gran complexidade, que inclúe unha técnica para fixar e recentrar o saco do cristalino utilizando unha alternativa mínimamente invasiva que usa a agulla máis fina empregada ata o momento.

Preguntámonos se hai secuelas na vista despois do coronavirus e se estamos coidando de forma axeitada os nosos ollos. A doutora Victoria de Rojas asegura que "o teletraballo e o confinamento, cun aumento do uso das pantallas, fixeron incrementar os casos de fatiga ocular"