CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

José Luis Jiménez, do Colexio de Médicos de Ourense: "Hai que evitar as ceas entre non conviventes"

25/11/2020 - 21:04 h

O presidente do Colexio de Médicos de Ourense é partidario de que no Nadal as comidas e ceas sexan só de persoas que conviven. José Luis Jiménez entende que a decisión é difícil para as autoridades, pero destaca que as comidas familiares son actividades de risco que é preciso evitar. 

O Colexio de Médicos de Ourense dá por feito que haberá terceira onda da pandemia despois do Nadal, e o obxectivo é que sexa o máis pequena posible. Jiménez sinala que si poden manterse outras actividades que son en espazos exteriores, pero considera que este ano o prudente é evitar as ceas entre non conviventes. José Luis Jiménez salienta que é de sentido común renunciar a iso para non ter unha repunta dos contaxios que dá por segura se no Nadal hai ceas e reunións de persoas que non viven xuntas.