CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Iria Gallego, enfermeira na unidade poscovid do CHUVI: "O perfil agora é xente nova, menores de 60 anos"

25/05/2021 - 20:21 h

Persoas menores de 60 anos é o perfil do paciente que está nas unidades poscovid. Así o asegura a enfermeira da unidade multidisciplinar poscovid do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Iria Gallego, nunha entrevista en 'A crónica'.

Sinala que, aínda que a maioría de persoas se recuperan da covid sen secuelas, hai pacientes que teñen síntomas un ano máis tarde. Insiste na vacinación como a única solución para evitar non só a enfermidade da covid, senón as secuelas que persisten no tempo. Explica que, nas ondas anteriores da pandemia, o perfil do paciente era xente maior, pero que agora, co avance da vacinación, a maioría de persoas nas unidades poscovid son menores de 60 anos.