CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Antonio Pose, xefe de Medicina Interna do CHUS: "As máscaras chegaron para quedaren"

25/05/2021 - 20:12 h

En 'A crónica' analizamos a situación epidemiolóxica e o traballo nos hospitais por mor da covid. Entrevistamos a Antonio Pose, xefe de Medicina Interna do CHUS. 

O doutor asegura que sería un erro eliminar as máscaras nos próximos meses. Di que demostraron ser moi útiles para evitar a gripe, ademais de para frear o avance da pandemia. Indica que, a longo prazo, deberían estar presentes nalgunhas épocas do ano e en determinadas situacións, como reunións en lugares pechados.

"As máscaras chegaron para quedaren", afirmou nas ondas da Radio Galega.