A Crónica 20h
Ángela Meijide, alergóloga: "As persoas alérxicas poden vacinarse"
A alergóloga Ángela Meijide insistiu en que as vacinas contra a Covid-19 son seguras. Destacou que a inmensa maioría das persoas alérxicas poden vacinarse. Só as persoas que teñen unha alerxia moi rara a un compoñente específico que levan algúns medicamentos, o polietilenglicol, non deben recibir o medicamento ou teñen que consultar co médico.