A Crónica 20h
David Posada, coordinador do proxecto Epicovigal: "Mes a mes sacaremos unha 'foto xenómica' do virus en Galicia"
O proxecto Epicovigal pretende facer un completo seguimento xenómico ao SARS-CoV-2. O seu coordinador, David Posada, explicou que xa recolleron máis de 2.300 mostras do ARN do virus dos meses pasados, que permitirán entender como evolucionou o virus.
A partir de agora, os investigadores farán unha monitorización xenómica en tempo real. Será ata decembro, porque ese mes remata o financiamento do proxecto.