CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Santiago Leyes, sobre os tests de saliva nas farmacias: "O labor das boticas é esencial na loita contra a pandemia"

24/05/2021 - 20:23 h

As farmacias de toda Galicia ofrecen dende hoxe tests de antíxenos con mostra de saliva. Están dirixidos a persoas asintomáticas. En 'A crónica' falamos con Santiago Leyes, presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense.

Santiago Leyes explica que "poden realizalo todas as persoas entre 12 e 64 anos coa tarxeta sanitaria do Sergas, que non tiveran o covid nos últimos tres meses e que non sexan contactos en seguimento dun positivo". O resultado estará en dous ou tres días. No caso de ser positivo, farase unha proba PCR.

Santiago Leyes pon en valor o traballo das farmacias na loita contra a pandemia. "Estamos preto das persoas e sempre estamos a disposición das autoridades sanitarias", indica.