CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Susana Rey, pediatra: "Os contaxios nos colexios foron mínimos, non superaron o 1% nas semanas de maior incidencia"

24/05/2021 - 20:17 h

En 'A crónica' falamos da pandemia no ensino, onde os datos de incidencia foron mínimos neste ámbito grazas ao traballo da comunidade educativa. España foi o país europeo que máis tempo mantivo as portas abertas dos centros escolares. Entrevistamos a Susana Rey, médica adxunta de Pediatría do CHUS e vogal da Sociedade de Pediatría de Galicia.

A doutora Rey asegura que a presencialidade é esencial para o alumnado. A maioría dos contaxios producíronse no ámbito familiar e non nos centros escolares. Sinala que "nas semanas de maior incidencia, nunca superaron o 1% de contaxios". O éxito do curso actual estivo no "mantemento das medidas preventinas e no control e seguimento de posibles casos".