CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias: "Vixiarase o cumprimento das restricións nos locais de hostalaría"

24/02/2021 - 20:18 h

O director xeral de Emerxencias asegurou que as forzas de seguridade vixiarán que se cumpren as restricións para frear a pandemia. Santiago Villanueva destacou que os axentes centrarán os seus esforzos, especialmente, no control dos establecementos de hostalaría, que reabren o venres. Villanueva apelou á responsabilidade individual para evitar que se propague o virus.