CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

José Martínez Costas, investigador do CIQUS, espera que o ensaio con ratos da súa vacina estea rematado "a finais de ano"

23/11/2020 - 21:03 h

José Martínez Costas dirixe a investigación do proxecto de vacina contra a covid-19 do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. De momento, o ensaio está en fase preclínica.

Martínez Costas sinalou que agora van probar o preparado en ratos. O investigador espera que os resultados se coñezan a finais de ano e despois, segundo asegurou, pedirán o inicio do ensaio clínico.

A vacina que desenvolve o CIQUS é distinta das que xa están nas fases máis avanzadas e utiliza outra metodoloxía: provoca que as células fabriquen microesferas, que despois cargan con proteínas do coronavirus.