A Crónica 20h
Adrián Dios, economista: "A SEPI non pode abandonar Alcoa, que ten un efecto de arrastre importante na comarca"
O profesor de Economía Aplicada da USC Adrián Dios considera que o Estado debe apoiar o tecido industrial. Destaca que Alcoa podería considerarse dun sector estratéxico e por iso, entende que a SEPI ten que actuar. Adrián Dios afirma que o Estado non pode deixar abandonada unha compañía que é fundamental para toda a comarca.