CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Rafael Monte Secades, director asistencial da área sanitaria de Lugo: "Hai que adiantarse antes de que os casos nos desborden"

22/10/2020 - 21:04 h

O director asistencial da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte é partidario de adiantarse na adopción de medidas para frear a propagación da covid-19. Rafael Monte Secades apuntou que "todo o que poidamos adiantar vai axudar".

Monte Secades celebrou o acordo no Consello Interterritorial de Saúde sobre uns indicadores comúns para establecer o nivel de alerta en cada territorio e as decisións que corresponde tomar. Na súa opinión, é importante lanzar mensaxes homoxéneas en todas as comunidades autónomas.