CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Iván López: "O aumento das cotas é unha boa noticia para a remuda xeracional do sector"

22/09/2023 - 20:05 h

A frota galega poderá pescar o dobre de bacallau o ano que vén en augas da NAFO, nas augas do Atlántico Norte. Tamén aumenta o 56 % a cota de escarapote e mantense a do fletán.

Son as conclusións do Cumio da NAFO que remataba onte en Vigo

Hoxe en día, NOVE arrastreiros conxeladores pescan nas augas fronte ás costas do Canadá. Son arredor de 200 empregos directos. O incremento da cota de bacallau supón máis mareas e, algo máis importante, demostra que se pode manter a actividade no caladoiro.

Escoita aquí a entrevista completa a Iván López, presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo e tamén presidente dos armadores de Vigo.