CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Alberto Vila: "Ter que pagar por usar as autovías produciría un encarecemento dos produtos galegos"

21/05/2021 - 20:22 h

Portugal rebaixa as peaxes das autovías e aquí continúa o debate sobre a oportunidade de cobrar por usalas. Nunha entrevista en 'A crónica' falamos con Alberto Vila, coordinador xeral de Fegatrans-Apetamcor.

Alberto Vila asegura que este tipo de medidas teñen un impacto diferente en cada país. No caso de Galicia, ao estar na periferia de Europa, provocaría un encarecemento das exportacións e prexudicaría os produtores galegos.