CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

David Mariño, presidente do comité de empresa de Vestas: "Foi unha sorpresa para toda o cadro de persoal e algo totalmente inxustificado"

20/09/2021 - 20:16 h

Os traballadores da fábrica de Vestas en Viveiro rexeitan o ere totalmente.

O presidente do comité de empresa de Vestas, David Mariño, cualificou a noticia como algo inesperado. Considera inxustificado que se fale tanto de produción obsoleta como de falta de rendibilidade e agarda responsabilidade política. Critica a deslocalización da produción cara a lugares coma Asia e pide que se mobilicen os políticos para buscar solucións.