CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Jacobo Rey: "A prioridade é garantir o interese superior do menor e a súa integración"

20/05/2021 - 20:26 h

Galicia ten previsto acoller 20 menores non acompañados de Ceuta. A última palabra tena o Consello Interterritorial do vindeiro mércores, onde as comunidades e o Goberno central acordarán o repartimento das prazas.

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demogáfica do Goberno galego, Jacobo Rey, explicou nunha entrevista na Radio Galega que a prioridade é garantir o interese superior do menor e a súa integración social. 

Jacobo Rey di que é un proceso complexo e sinala que o máis importante é coñecer o perfil dos menores, isto é, a súa idade ou situación persoal para decidir o centro en que serán acollidos.