CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

O Consello de Colexios Veterinarios de Galicia recoméndalle á Xunta elaborar un protocolo para as granxas de visóns

20/05/2020 - 20:42 h

O presidente do Consello de Colexios Veterinarios de Galicia, Luis Núñez, recoméndalle á Xunta elaborar un protocolo para as granxas de visóns. Faino despois de que científicos holandeses alertaran dun posible primeiro caso de contaxio do novo coronavirus de animais a humanos. Sospeitan que un traballador dunha criadeiro se infectou por manter contacto con estes mustélidos.

Luis Núñez considera que o Goberno galego debería ter un protocolo para protexer os empregados das granxas de visóns que hai en Galicia.