CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Cesáreo Pardal, do Clúster de Turismo: "A Xunta comprométese a facer efectivas as axudas antes de fin de ano"

19/11/2020 - 21:05 h

O presidente do Clúster Turismo de Galicia celebrou o acordo da Xunta e a hostalaría para ampliar as axudas aos establecementos polos peches forzosos. Cesáreo González Pardal sinalou que agardan que o Consello da Xunta da semana que vén aprobe as axudas a fondo perdido, dun total de 17 millóns de euros para hostalaría e dous millóns para o sector do ocio. González Pardal afirmou que o Goberno galego comprometeuse a facelas efectivas antes de fin de ano. 

Explicou tamén que lle pediron ao vicepresidente Alfonso Rueda que fale co comité clínico que asesora a Xunta para que estude a posibilidade de que os establecementos poidan abrir cun horario reducido, ata as cinco da tarde.