CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Luis Diz, hostaleiro de Galicia de Noite: "Imos puntualizar como se vai facer" o reparto das axudas da Xunta

19/10/2020 - 21:05 h

O presidente da asociación Galicia de Noite, Luis Diz, explicou que os hostaleiros queren concreción sobre o reparto dos cinco millóns de euros en axudas que lles prometeu a Xunta. Por iso, na reunión que manterán este xoves con representantes do Goberno galego, o sector prevé falar sobre o repartimento desas axudas e como se vai facer. 

Luis Diz sinalou que os hostaleiros do ocio nocturno precisan dun "rescate" porque este ano levan meses cos locais pechados.